Monday 13 de May de 2024

Cambre, referente en Europa en medidas sobre conciliación


O concelleiro de Benestar, Jesús Bao, viaxou a Madrid para expoñer os resultados do Proxecto europeo ‘Equilibrio-Balance’

O concelleiro da Área de Benestar Social e Educación, Jesús Bao, asistiu xunto aos técnicos deIgualdade del Concello de Cambre ao Seminario Final do Proxecto ‘Equilibrio-Balance: por unha conciliación responsable’, celebrado en Madrid, onde puido expoñer as medidas e recursos que o Concello de Cambre puxo en marcha para facilitar a conciliación aos seus veciños. O obxectivo principal desta iniciativa pioneira consistiu na realización de actuacións no ámbito local que promovan a conciliación e corresponsabilidade da vida persoal familiar e profesional. Así mesmo, tratábase de poñer en marcha plans de conciliación e involucrar ao tecido asociativo e empresarial do municipio.
Entre os resultados expostos polo concelleiro no relatorio destacan a elaboración do primeiro Plan de Conciliación da vida persoal familiar e profesional do Concello de Cambre, un referente na bisbarra dás Mariñas. Neste sentido, desenvolveuse un servizo denominado Concilia Cambre, que está activo xa dende a pasada primavera e que tivo unha grande acollida. Ademais, elaborouse unha guía ás asociacións empresariais do municipio e leváronse a cabo varias actividades de sensibilización social. Por outro lado, cobra espcial relevancia o novo espazo de participación cidadá creado a través do Conselo Municipal de Benestar Social, onde as asociacións poden facer achegas sobre os plans de conciliación en reunións periódicas cos diferentes axentes que interveñen nestes conselos. O concelleiro socialista tamén recordou en Madrid outra novidade como é a elaboración o primeiro plan de conciliación para o persoal municipal.

Cambre foi seleccionado entre 15 concellos de toda España para participar neste proxecto Europeo debido á súa implicación na posta en marcha de iniciativas levadas a cabo no pasado. SegundoBao, “é importante seguir traballando en concienciar sobre a necesidade de conciliar nas empresas e na administración pública, somos referencia en España nestes proxectos e por iso debemos seguir apostando pola conciliación como unha ferramenta imprenscindible para o noso benestar”. Para iso, explicou Ortega, a Corporación municipal “aprobou en maio o seu primeiro Plan de Conciliación e Corresponsabilidade co apoio os partidos que conforman o Pleno, para garantir o cumprimento e o seguimento de todas estas medidas,”.
Participantes

No acto, celebrado os días 1 e 2 de setembro no Salón de Actos da Secretaría de Estado de Igualdade, participaron a secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Susana Camarero, o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias, Anxo Fernández, o embaixador noruegués, Johan Christopher Vibe, a directora xeral de Servizos para a Familia e a Infancia, María Salomé Adroher, e a directora xeral do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades , Rosa Urbón. Piar Ortega quixo agradecer ao Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade a posibilidade de ter podido levar a cabo este proxecto.

Realizado no marco da cooperación establecida entre os países do Espazo Económico Europeo (EEE) e o Goberno de España, o Proxecto Equilibrio conta coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Asociación Noruega de Autoridades Locais e Rexionais (KS) tivo como finalidade principalfomentar a conciliación e a corresponsabilidade no ámbito local e no mesmo teñen participado durante tres anos 17 concellos, 15 españois e 2 noruegueses, que puxeron en marcha medidas para mellorar a conciliación e a corresponsabilidade nos seus municipios, coa intención de servir como exemplos de boas prácticas para outros municipios de España e da Comunidade Europea.